Trece homes da Costa da Morte sufriron o horror dos campos de concentración
Reportaxe sobre os homes da Costa da Morte que estiveron nos campos de concentración Nazis
10:24
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Este venres 25 celébrase o día europeo da xustiza, e tras unha semana como esta, queríamos conmemorar a aquelas vítimas duns sistemas inxustos, o do franquismo e o do nazismo alemán. Por iso, na reportaxe semanal, hoxe falamos dos homes da bisbarra que sufriron a barbarie dos campos de concentración por culpa de sublevarse contra a ditadura que había en España.
Para profundizar no tema, aproveitamos o listado publicado polo BOE o pasado mes de agosto, e conversamos co historiador Luis Lamela, doutor en teoría da literatura e tradutor Miro Villar, coa familia dun dos asasinados en Mauthausen e Gusen, e co alcalde de Malpica, Walter Pardo que prepara unha homenaxe a un veciño o vindeiro mes de maio. Unha homenaxe, por certo, que por agora so se celebrou en Dumbría.