VI aberto de xadrez en Ribadavia
Tivo lugar na igresa da Madalena, no corazón do barrio Xudeo de Ribadavia, a cuarta edición deste bonito e xa clásico torneo de xadrez, da modalidade de partidas rápidas

Por clubes, a entidade máis galardonada foi o Club Xadrez Ourense, que acadou ata 6 premios dos 15 totais / Alfil y Caballo

Ourense
Baixo a organización da Coordinadora da Festa da Istoria de Ribadavia e coa dirección técnica do Club Deportivo Xadrez Ourense, ata 65 xadrecistas abarrotaron a sala de xogo situada en este fermoso e exclusivo marco para un torneo de xadrez.
Ademais de pola boa participación, a competición estivo marcada polo excelente nivel dos participantes, xa que ata tres deles eran titulados internacionais.
O merecido campión absoluto foi o xovencísimo xogador pontevedrés, Xulio del Prado, que malia partir co número 6 de ránking inicial, soubo superar a complicados rivais e situarse con 5.5 puntos dos 6 posibles.
Por clubes, a entidade máis galardonada foi o Club Xadrez Ourense, que acadou ata 6 premios dos 15 totais.