Vermú con SER
Ocio y cultura

O mellor mexillón do mundo cultívase nas bateas de Galicia

En Galicia hai ao redor de 3.500 bateas adicadas ao cultivo de mellixón, situándose gran parte delas na ría de Arousa

A producción anual ascende ás 280.000 toneladas, o que supón para o sector, en términos económicos, preto de 130 millóns de euros

Pontevedra

A día de hoxe hai fondeadas nas rías galegas preto de 3.500 bateas destinadas ó cultivo do mexillón. Delas, 2.300 concéntranse na ría de Arousa, aproximadamente un 70% do total, e 360 na ría de Pontevedra. En canto á productividade, Galicia sitúase en torno ás 280 mil toneladas por ano, sendo tamén a ría de Arousa a máis productiva con case 200 mil. Estes datos, aportados polo gabinete de prensa da Consellería do Mar, tradúcense en cifras económicas, onde o sector xera na Comunidade 130 millóns de euros por ano.

Detrás de todos estes datos hai moita xente traballando, como é o caso de Xosé André Pérez: un bateeiro de Combarro de 33 anos que rexenta dúas bateas no Polígono A de Portonovo, a carón da Illa de Tambo. Con él coñecemos en Vermú con SER como é o traballo día a día nunha batea, así como as preocupacións que afectan ó sector.

Vermú con SER - As bateas e os mexillóns

27:05

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1570433402_893563/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Para introducirnos no tema, Xosé descríbenos como é una batea: una estructura de madeira de eucalipto de 500 metros cadrados, con catro ou seis flotadores de poliéster, da que colgan sobre unhas 500 cordas cheas de mexillón de doce metros de largo. Ainda que xa se empezan a empregar materiais como o PVC para as estructuras, moito máis resistente ao paso do tempo que a madeira, o sector móstrase remiso a cambialas. Por último, o mantemento anual consiste en cambiar as madeiras e cordas deterioradas, así como pintar por completo a batea.

Describindo o ciclo de cultivo do mexillón, dende xaneiro ata abril extráese a cría directamente das rochas e colócase nun entramado de algodón para que se amarre. No mes de xullo, cando o mexillón xa medrou un pouco, divídese esta corda en dous. Cara o mes de novembro, cando cada corda pesa uns 200 quilos divídese novamente en tres ata que remata o ciclo de cultivo nos vindeiros meses de xullo, agosto e setembro. E dicir, desde que a cría se coloca na batea ata que se extrae para comercializar, transcorre un ano e medio.

Á hora de mercar o mexillón, a recomendación de Xosé é que leve o selo da DOP Mexillón de Galicia, xa que está demostrado que son os mellores do mundo.

Más información

A contaminación nas rías e a toxina son dous temas que preocupan ao sector bateeiro. No caso da ría de Pontevedra, os Polígonos A e B de Portonovo están en zona C de contaminación, o que implica que o producto non poida ser destinado ó fresco. Para poder chegar ó consumidor, o mexillón ten que estar cocido. A única solución viable para acabar con este problema pasa, según o sector bateeiro, en levar o emisario fóra da Ría.

No caso da toxina, aceptan que existe e conviven con ela, respectando a normativa que cada ano é máis esixente. O que non entenden é que o Intecmar faga peches cautelares cando os índices se aproximan aos máximos, así como cando pasan varios días entre festivos e fins de semana agardando por unha contranálise.

Más información

Por último, con respecto ó cambio climático, Xosé móstrase optimista e pensa que o mexillón será capaz de adaptarse a temperaturas máis altas ainda que debamos pagar o prezo de perder en canto á calidade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00