Medio Ambiente premia ao IES Fin do Camiño por coidar o hábitat autóctono
A conselleira visitou Fisterra no día Mundial do Habitat para comprobar cómo o alumnado do colexio está levando, xunto a varios profesores, tarefas de reintroducción dunha especie ameazada na zona.
Trátase dunha pranta, máis propia dos territorios sureños da Costa da Morte, que estaba desaparecendo na microrreserva da praia da Langosteira e que os nenos e nenas consegueron volver a repoboar no areal de Mar de Fora, de onde desaparecera sobre 1975.
O fixeron grazas a diversos procedementos de recollida de sementes ca posterior xerminación en laboratorio e plantación no areal. Por iso, a Conselleira felicitou aos alumnos por reintroducir unha especie vexetal considerada vulnerable no Catálogo Galego de Especies Amezadas, a Alyssum gallaecicum, ).
Vázquez tamén trasladou a importancia que neste tipo de iniciativa e proxectos radican no feito de que "os rapaces tomen conciencia de que os feitos de hoxe afectan ao mañá, ao futuro do planeta".