Xunqueira de Espadanedo mestura paisaxe, espectáculo e deporte no Campionato de Galicia de descenso BTT
Nun espectacular circuíto, segundo organizadores e corredores, e coa presenza de especialistas de primeiro nivel o domingo día 6 decidiranse os campións galegos desta modalidade e da Copa Galicia
Ourense
Como novidade, o sábado, día 5, os afeccionados poderán realizar rutas polo concello para probar bicicletas eléctricas e asistir a un concurso de saltos no que participarán corredores do ´´ Marisquiño´´ coas súas espectaculares acrobacias.
Os representantes do Club Ciclista de Maceda e da Federación Galega de Ciclismo destacaron que se trata da proba máis importante do ano en Galicia, que decidirá non só os campións galegos senón tamén da Copa Galicia.
Ademais, nesta edición incorpórase unha novidade para que esta proba non se quede nunha carreira. Así, o sábado día 5, os afeccionados que o desexen poderán realizar rutas polo Concello para probar bicicletas eléctricas.