O IV Trail Ribeira Sacra reúne a 500 deportistas que disputarán probas de 24 e 47 quilómetros
Un total de 500 deportistas de 13 comunidades autónomas e de Portugal participarán o vindeiro 13 de outubro
Ourense
Unha proba cronometrada e competitiva das máis atractivas do calendario desde deporte, que se disputa no corazón da Ribeira Sacra, no Concello de Nogueira de Ramuín.
A proba que colabora a Deputación de Ourense, comeza ás 8:00 horas (a de 47 quilómetros) e ás 10:00 horas (a de 24 quilómetros) e ao seu remate, a partires das 14:00 horas, terá lugar a entrega de premios e unha degustación de productos típicos.
Previamente, o sábado 12 de outubro, celebrarase no mosteiro de Santo Estevo unha xornada na que terá lugar unha charla coloquio sobre ´´ pasado, presente e futuro do trail´´ e, de seguido, a charla técnica da proba.