Fútbol | Deportes
CD Lugo

Apagón no Anxo Carro

O capitán, Carlos Pita, pide "tranquilidade", trala segunda derrota da tempada (1-4)

Carlos Pita atende ós medios de comunicación / CD LUGO

Carlos Pita atende ós medios de comunicación

Lugo

"Somos o Lugo, quen pense que non imos sufrir equivócase. Tranquilidade dentro e fora do vestiario". Con estas declaracións remataba o partido no Anxo Carro para o capitán. Tras asinar a segunda derrota ante os ollos da afección, Carlos Pita, asegura que o único "preocupante" é o 1-4 que quedaba a orillas do Río Miño.

Coma un dejavú, CD Lugo e CD Tenerife compartían o mesmo céspede sobre o que meses atrás meses festexaban a permanencia na categoría. Nesta oitava xornada o obxetivo era ben diferente: puntuar para poder afianzar os seus proxectos. Pero os plans só sairon para  López Garai nunha noite na que os albivermellos xogaron ca luz fundida.

Dende que o colexiado pitou o inicio de partido, o Tenerife dominaba o xogo. Un Lugo, que de novo xogaba con Carlos Pita no centro da zaga, volvía ser un mar de dúbidas e imprecisións na defensa. Tras cinco minutos de tanteo, Bermejo encargábase de adiantar ós tinerfeños no marcador. O catalán envelenaba un disparo que Varo non foi quen de evitar.  Pero había sede de gol. Os chicharreños demostraron coñecer ben as feblezas dos de Jiménez, asi que buscando ás espaldas a Pita, Malbasic colocaba o 0-2 no electrónico.

O segundo tanto caía coma patada na boca do estómago, dentro e fora do campo. Pero un incansable e exemplar Manu Barreiro aparecía para facelo primeiro dos amurallados. O compostelán recollía un balón alto dentro da área que frenou en penalti Muñoz. Foi aí cando se prendeu a chispa. Apretou o CD Lugo e Pita conseguía o empate. Porén, a alegría durou pouco. O VAR anulou o tanto que chegaba coma auga de maio por unha man dentro da área.

 A segunda parte comezou cos mesmos protagonistas en escena: O VAR e unha man, desta volta de Barreiro. O segundo penalti do partido marcábao Malbasic para que supurase máis a ferida dos locais. Co 1-3 no marcador, ós de Jimenez comezaron a inundarlles as dúbidas e a ansia apoderábase de cada balón. E as presas sempre son malas compañeiras. A fame de remontada levaba a cometer erros que o CD Tenerife non perdoaba. E así o deixou claro Bermejo que, co seu doblete, fundía, por completo,  a luz do cadro albivermello.

O míster, Eloy Jiménez, recoñecia estar "bien, pero jodido" trala derrota. Mais non amosaba preocupación polo resultado: "Confío en mi equipo. Los chavales han dado la cara, pero debemos aprender de estas situaciones, ser más prácticos. Daremos con al tecla para hacernos fuertes en casa". No que vai de competición, o CD Lugo leva perdidos dez puntos no que debera ser o seu fortín. Hai que volver prendela luz.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00