Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

... cambiei

A Coruña

Pois resulta que eu nunca cambiei, é a sociedade a que cambia e que me ve distinto... Vale, non cola, pois si, esto cambia un pouquiño, comezando porque agora isto vai ser en galego. Que porqué en galego? E porqué non? Que é unha forma bastante axeitada de responder en galego.

Outra novidade é que agora tamén me poderán ver en video (sobre estas liñas), polo Youtube, que iso é moi de "millenials" aínda que eu entro máis polo de "vellenial" e lles seguirei tratando de vostede, porque non por moito "youtubear" hai que perder as formas e os bos costumes. [Suscríbanse]

Aínda así non se me preocupen, que as miñas dotes para analizar a vida seguen sendo do xénero idiota. Así que isto cambia un pouco pero non tanto, é como Bola de Dragón e Bola de Dragón Zeta, que total, aquí lle chamabamos Songoku a todo e viña sendo o mesmo.

Ou como a filla do avogado da serie Pratos Combinados, Paula Barreiro, que comezou sendo interpretada por Cristina Castaño e logo por cousa de meigas pasou a ser María Castro, que o que tiñan en común era a cor do cabelo e pouco máis, pero dá igual...

En fin, que para manter as boas costumes, ao igual que se fai no comezo das clases, está feo comezar o primeiro día e dar materia, non? E se non que llelo digan aos do Congreso. Até o vindeiro xoves!

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir