O BNG urxe medidas contra a crise climática
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/KIX27MMNAFOHNGX63RTFPHBNLA.jpg?auth=dc05769410e9711be1a9d8c8c404dc1dbd040595c4733210bf6ce9bccd3d8995&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Cadena SER
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/KIX27MMNAFOHNGX63RTFPHBNLA.jpg?auth=dc05769410e9711be1a9d8c8c404dc1dbd040595c4733210bf6ce9bccd3d8995)
Pontevedra
A voceira nacionalista, Ana Pontón, asegurou que é urxente poñer medidas enriba da mesa dende todas as administracións para atallar a crise climática. Puxo como exemplo de boa prácrtica neste eido ao Concello de Pontevedra e anunciou que levarán a debate no Parlamento de Galicia a necesidade dunha Lei de Crise Climática acompañada dun novo modelo enerxético, de mobilidade e ambiental. Tamén propuxo a posta en marcha dun gabinete de crise que analice todos os aspectos negativos do quecemento climático en Galicia.
No acto celebrado no entorno da Illa das Esculturas, Pontón remitiuse aos últimos informes sobre as consecuencias da crise climática. Relata que son alarmantes a curto prazo, cun aumento de dous graos na temperatura no ano 2050 e coa metade de precipitacións nos vindeiros dez anos. A voceira nacionalista recordou que é necesario actuar de inmediato porque ainda se está a tempo, pero cando se peche esa ventá os danos serán irreparables.
O BNG anuncia que se sumará a movilización mundial do vindeiro 27 de setembro en contra do cambio climático.