SEA alaba o compromiso da alcaldesa e confía na dinamización do polígono

Polígono de Vimianzo

O concello de Vimianzo segue intentando potenciar o crecemento do seu polígono empresarial, e para iso a alcaldesa Mónica Rodríguez reuniuse ca xerente da SEA (Solo Empresarial do Atlántico), Beatriz Sestayo.
No encontro, que Sestayo sinalou como moi fructífero, trataron acordos sobre cómo dinamizar o polígono e captar empresas para que se asenten no concello. A Xerente da SEA destacou o forte compromiso da rexidora, Mónica Rodríguez, para dar ese impulso industrial, que podería ser moi bo para Vimianzo. Tamén, resaltou as accións que poden levar a cabo dende a SEA para axudar a ese potenciamento: "En primeiro lugar ca mellora da imaxe do polígono, e en segundo, sendo proactivos na captación de empresas, na publicidade, e en explicar tanto as características dos polígonos como as axudas institucionais que se poden recibir", comentou Sestayo.
A Xerente tamén se referiu á Costa da Morte como unha zona á que estudian e que lles preocupa especialmente, debido ao seu baixo índice de crecemento empresarial. Respecto a mala comunicación viaria que perxudica o incremento dos nosos polígonos, dende a SEA destacan que xa están traballando para facer chegar ás autoridades competentes, a cuestión dos imprescindibles enlaces ca autopista.
Tamén falou sobre a demandada baixada dos prezos do solo, para a que advirtiu que buscarán todas as solucións posibles dentro do marco legal: "Imos estudar con calma a posibilidade de bonificacións e incentivos para dar todas as facilidades as empresas que se queiran asentar aquí".
Por último, nesa línea de dinamización, anunciu que están acordando a posibilidade de levar a cabo unhas xornadas de promoción en Vimianzo para que as empresas coñezan as vantaxes que ofrece o concello.