Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Camariñas

A Deputación destinará 360.000 euros para a posta en marcha do centro de día

Concello de Camariñas

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o seu equipo de goberno, mantiveron unha reunión co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na que o mandatario do ente provincial reafirmou o apoio da administración que dirixe para a construción do Centro de Día de Camariñas.

González Formoso comprometeuse a incluír nos orzamentos da Deputación para o ano 2020 unha partida de 360.000 euros para esta actuación. O Concello de Camariñas dispón dunha memoria que valora en 540.000 euros os traballos polo que, tanto desde a Deputación como desde o propio Concello, faise un chamamento á Xunta de Galicia para que se involucre nun proxecto que debería ser da súa competencia.

Sandra Insua revelou aos micrófonos de Nordés H14, que ese compromiso era unha promesa electoral das dúas partes polo que está moi contenta de comprobar como González Formoso mantiña a súa palabra para acometer as obras do centro de día. Tamén comentou que vai volver a reunirse ca Conselleira de Servizos Sociais para intentar que comprenda que "é unha aportación necesaria en Camariñas", polo que lle vai a insistir e presionar en que "a Xunta axude co que poda", para que o concello non teña que abonar os 180.000 € restantes.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00