O COLEXIO DE SOFÁN TENDRÁ SERVIZO DE MADRUGADORES GRAZAS Á ANPA

Colexio de Sofán

Tras a suspensión do Programa Concilia, ese programa que ofrece a atención aos nenos dende as sete da mañan en Carballo, no CEIP Gándara de Sofán será a ANPA a que se encargue de levalo a cabo.
O servizo suprimiuse despois dun ano no que xa actuara cun grupo menor ao cupo mínimo de rapaces. Esíxense dez menores por centro, e se o ano pasado en Sofán eran oito, este ano xa so quedaban seis. Por iso dende o final do curso pasado, a Asociación de Nais e Pais do CEIP Gándara buscou algunha solución para poder coordinar os horarios laborais cos escolares. A atoparon nunha empresa privada, ca que se encargaron de levar a xestión administrativa, aínda que os custos van para cada familia.
Lourdes Rey, da ANPA do CEIP Gándara, contounos que a prioridade foi atopar unha solución que non modificase as rutinas que traían os rapaces nos últimos anos. E por iso, contrataron a empresa dunha muller que se fará cargo, no mesmo centro, dos nenos dende a sete da mañan ata o inicio das clases.
E en Coristanco, o CPI Alcalde Xosé Pichel vén de ser incluído pola Xunta na lista dos centros que participarán dende este curso no programa Educación Responsable. Será un dos 18 que se una a partir de setembro, un dos sete da provincia da Coruña e o único da bisbarra. O obxectivo do programa é o de acadar un maior benestar persoal, social e académico, grazas ao traballo co profesorado, alumnado e as familias, para favorecer así a educacuón emocional, social e creativa.