Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Accidentes tráfico

Nova traxedia nas estradas da Costa da Morte con dous falecementos en Malpica e Cabana

Guardia Civil de Tráfico. / GUARDIA CIVIL - Archivo (EUROPA PRESS)

Guardia Civil de Tráfico.

Segue a ser un verán nefasto nas estradas da Costa da morte. Especialmente tráxico o día de onte polo falecemento de dúas mulleres nos municipios de Cabana e Malpica de Bergantiños. O primeiro deles foi no lugar de Pedrouzo, sobre as 16:30 da tarde, cando unha señora de máis de 70 anos envorcou o seu tractor indo cara a súa casa en Cundíns. Ata o lugar do accidente desprazouse un helicoptero medicalizado, pero non puido aterrar debido a néboa, e a muller faleceu cando estaba sendo evacuada en ambulancia.

 Unhas horas máis tarde, en Malpica, outra septuaxenaria cántabra que estaba a pasar o verán na zona falecía ao ser atropelada na AC 418, a altura do KM 15. A señora paseaba ca súa parella cando un coche a arrollou. Os servizos sanitarios intentaron reanimala pero nada puideron facer ante o que pareceu unha morte no acto.

Entre estes dous falecementos e os dous do pasado domingo nun accidente entre Outes e Mazaricos, suman xa catro nos sete días que levamos de agosto. Ademais, en Camariñas houbo este martes outro sinistro que rematou con dous feridos trasladados ao hospital Virxe da Xunqueira, en Cee.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00