A olería toma a Costa da Morte
Esta fin de semana celébrase a XXXVI Mostra de Olería de Buño en Malpica

A Vivir A Coruña desde la Mostra de Olería de Buño (03/08/2019)
54:23
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Malpica de Bergantiños
Esta fin de semana celébrase a XXXVI Mostra de Olería de Buño en Malpica. As actividades centralízanse no Parque Luciano García Alén e o Ecomuseo do Forno do Forte e compleméntanse con talleres e concertos. Este sábado pola noite terán lugar as actuacións de Vos Resentidos, Perfusión e unha sesión con Inoperantes Djs.
Con motivo da Mostra, A Vivir A Coruña realizou unha edición especial conducida por José Manuel Mira para coñecer máis detalles deste evento e no que tivemos a actuación en directo de Xabier Díaz.
