Fútbol
FÚTBOL

O presidente da RFGF da a benvida ao novo equipo directivo do comité de adestradores

Iván Cancela lidera o novo equipo directivo do comité galego de adestradores

O presidente da RFGF da a benvida ao novo equipo directivo do comité galego de adestradores / RFGF

Ourense

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, deu  a benvida aos novos compoñentes do equipo directivo do Comité Galego de Adestradores que lidera Iván Cancela, o novo presidente, Louzán agradeceu a implicación e compromiso dos técnicos e destacou a ilusión e vontade de traballo coa que Iván Cancela está afrontando este novo desafío profesional.

Destacou tamén a relevancia que desde a Federación se outorga aos adestradores, reflexada na multitude de cursos formativos que se realizan cada ano por toda Galicia e tamén en medidas disciplinarias que se aplican a aqueles clubs que non cumpren coas normativas de titulacions nin cos compromisos económicos adquiridos cos técnicos.

De feito, a Asamblea aprobou unha nova norma que conleva sanción económica e tamén resta de 1 punto na clasificación por cada semana sen pagar ao adestradores, a partir da sétima semana.

Organigrama do Comité queda da seguinte maneira:

Iván Cancela- Presidente.

Pablo Prieto-Vicepresidente.

Manolo Corredoira-Secretario.

Manolo Castro ¨Vilacha¨- Tesoureiro.

Chus Baleato- Vogal Fútbol Santiago.

Yago Iglesias-Vogal Fútbol O Barbanza.

Moncho Rodríguez- Vogal Vigo.

Roberto Abad-Vogal Fútbol Ourense.

Ángel Oliveira-Vogal Fútbol Pontevedra.

José Luis Mosquera-Vogal Fútbol Baixo Miño.

Lucía Otero-Vogal Fútbol Coruña.

Manolo García- Vogal Fútbol Ferrol.

Dani Moirón-Vogal Fútbol Lugo.

Santi Valladares(fillo)-Vogal Fútbol Sala Santiago-O Barbanza.

Julio Mougán- Vogal Fútbol Sala Pontevedra-Vigo.

Álvaro Cid Bragado- Vogal Fútbol Sala Ourense.

Iván Pico-Vogal Fútbol Sala Lugo.

Pili Costa-Vogal Fútbol Sala Ferrol.

Alex Parada-Administración.

Dani Regos-Administración.

Jorge Aboal-Administración.

Abraham Yañez- Administración Fútbol Sala.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00