A primavera chega a Pontedeume
Ao longo do día celébrase unha xornada centrada nos municipios polos que pasa o Camiño Inglés
![A Vivir A Coruña, Especial Primavera no Camiño Inglés (22/06/2019)](https://cadenaser.com/resizer/v2/NCM54FM5VNNWJH44UIEZVWOUJU.jpg?auth=97d65f964ed62eabdc85d93b43e9eb09ce118358826ec5adc5c85a32cf6339a5&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
A Vivir A Coruña, Especial Primavera no Camiño Inglés (22/06/2019)
53:45
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pontedeume
Pontedeume alberga hoxe a terceira edición de Primavera non Camiño Inglés, un evento organizado pola Deputación da Coruña que reúne aos concellos polos que pasa este roteiro. Unha xornada para coñecer a potencialidades dos municipios.
Para iso A Vivir A Coruña desprazouse ata Pontedeume e charlamos co xornalista Cristóbal Ramírez para que nos conte os detalles do Camiño Inglés: as súas etapas, a súa gastronomía, as igrexas rurais e algunha anécdota relacionada cun Medici. Coñecemos tamén medidas para reducir o uso de auga embotellada no camiño desde Life Water Way co seu director, Carlos Ameixenda.
Ana Vence, responsable de Campo Capela; Ana Soneira, da Asociación de Concellos do Camiño Inglés; e as fiandeiras Nieves e Maricruz preséntannos algúns dos produtos galegos que nos podemos atopar no roteiro.
Por último, facemos balance desta xornada co alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e o Presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.