Economia y negocios | Actualidad
O RIBEIRO

Fin de semana de rutas do viño, degustacions e descanso entre viñedos

A DO desenrola a VIII Xornada de Portas Abertas

Fin de semana de rutas do viño, degustacions e descanso entre viñedos / Flickr.com

Fin de semana de rutas do viño, degustacions e descanso entre viñedos

Ourense

A Ruta do Viño do Ribeiro presenta o programa de actividades da VIII Xornada de Portas Abertas  que inclúe visitas a adegas, degustacions, menús e aloxamientos especiais nos restaurantes e hoteis da zona, respectivamente.

A Denominación de Orixe do ribeiro ofrecen a tódolos públicos un completo programa de propostas enoturísticas, no que continúa, un ano máis, o ViñoBus da Ruta do Viño do Ribeiro.

O programa de actividades previsto para as xornadas, que se celebrarán os días 8 e 9 de xuño, inclúe visitas ás adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro e a desgustación dos seus viños, en horario, o sábado 8 de xuño, de 11.30 a 13.00 e ás 17.00 horas e ás 12.00 horas o domingo, 9 de xuño.

Ademais, a organización das VIII Xornadas de Portas abertas quere repetir a experiencia co ViñoBus, para facilitar e promover a participación de público de diferentes puntos de Galicia. Deste modo, sairán autobuses dende Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Pontevedra, que percorrerán, acompañados de guías turísticas profesionais, as diferentes adegas que participan na Xornada.

Nesta edición terá unha especial importancia a promoción do patrimonio histórico ao ser entendido como un recurso moi vencellado á cultura do viño e á súa importancia neste territorio. Por esta razón, as rutas do viño bus inclúen visitas teatralizadas de lugares tan relevantes como o Mosteiro de San Clodio en Leiro ou a Pazos de Arenteiro, ou ao casco histórico de Ribadavia.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00