Geluco Villar: "Non será doado, pero pelexaremos para facer realidade o que se acadou no campo"
Escoita a entrevista que o presidente do PM Friol concede ó Ser Deportivos

O PM Friol tras acadalo ascenso á 1ªB / CD LUGO

Lugo
Imparable. Así foi a tempada que fixeron ás rapazas do PM Friol. Tras empatar ante o Atlántica Matamá no Anxo Carro, as de Josito Jul puideron festexar na casa o ascenso cara á 1ªB. Un ascenso que ainda está no aire. Non precisamente por mérito propios, o problema está onde sempre para os equipos modestos: Nos despachos.
O presidente do clube, Geluco Villar, recoñece nos micrófonos da Cadena SER, Radio Lugo, que "vai estar difícil materializalo ascenso" porque "o orzamento necesario multiplícase por catro". O certo é que as circuntancias máis aló do plano deportivo son todo un obstáculo para acadalo ascenso. O tira e puxa entre Liga e Federación ten pinta de "acabar nos xulgados", e entorpecerá a consagración da futura Primeira División B. A maiores, as circunstancias do CD Lugo tampouco son as mellores: "Temos que ver se finalmente o CD Lugo permanece na Segunda División, se non vai estar a cousa complicada para manter o convenio, claro".
Pos apoio non vai ser. "Moia xente en Friol se pregunta coma sendo unha poboación tan cativa podemos ter un equipo na Segunda División nacional, pois porque hai nivel e hai apoio institucional. Falta máis patrocinios e tamén afección".
Escoita a entrevista completa o presidente do PM Friol. Dalle ó play!
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo