'Shrek: O Musical' alza o telón en Ourense
Os actores Iván e Leti Coda, voces de Asno e a Princesa Fiona, dábannos un adianto en Hoy por Hoy Ourense

O Musical terá unha única función o dez de marzo / Coda Produccións

Ourense
Por primeira vez levado a lingua galega, 'Shrek: O Musical' chega a Ourense pra maiores e pequenos. A obra, baseada na película de Dreamworks, terá unha única función no Auditorio Municipal de Ourense o domingo dez de marzo ás seis e media da tarde.
Con motivo da estrea, os actores Iván e Leti Coda, que poñen voz ás persoaxes do Asno e a Princesa Fiona pasaban polos micrófonos de Hoy por Hoy Ourense para darnos un primeiro adianto e invitarnos a asistir á representación.
Iván e Leti Coda presentan Shrek O Musical en Hoy por Hoy Ourense
16:17
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Tanto Shrek coma todas as persoaxes de contos de fadas son perseguidos e desterrados polo exército de lord Farquaad, que os chama despectivamente "frikis" e despréciaos por ser diferentes. Cando Shrek descubre a fortaleza en si mesmo, comeza a creer que, a pesares de ser un ogro, pode cumprir os seus soños e tal vez ser merecedor do amor de Fiona, unha princesa encantadora, soñadora e sorprendente.