Educación anuncia a ampliación do IES de Caldas
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/R54OA6N3ANMHXKWJOI2DRBOBW4.jpg?auth=168a2f80510c8fd10d70aeb32feb42ffc062af1f11b1aa14d0aa6080e1b5e3b5&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Cadena SER
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/R54OA6N3ANMHXKWJOI2DRBOBW4.jpg?auth=168a2f80510c8fd10d70aeb32feb42ffc062af1f11b1aa14d0aa6080e1b5e3b5)
Caldas de Reis
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, anunciou hoxe que o seu departamento ten previsto licitar o proxecto de ampliación do IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis, en canto o Concello poña a disposición os terreos para levar a cabo a ampliación, unha actuación na que se vai investir máis de 1 millón de euros.
Nunha visita a este centro a conselleira explicou que esta mellora vai permitir ampliar as instalacións para atender ao incremento de alumnado en ESO e sobre todo en Bacharelato. Ademais estudarase a posibilidade de implantar a FP Básica en función da demanda existente no concello. A obra consistirá na ampliación para aulas polivalentes de ESO e BAC e na ampliación de aula de música, de debuxo e do salón de actos.
Con esta ampliación o investimento da Consellería en melloras das infraestruturas educativas de Caldas de Reis desde 2009 elevarase a case 2 millóns de euros. De feito a conselleira visitou tamén esta mañá o CPI Plurilingüe Alfonso VII, na mesma localidade, onde o seu departamento realizou en 2018 unha obra para mellorar a eficiencia enerxética por un importe de adxudicación de case 550.000€.