Sociedad | Actualidad
DGT

CxG propón o carnet de conducir ós 16 anos

A dispersión territorial, a configuración do tecido empresarial e a implantación da formación así o demanda

Imagen de archivo de un control de la guardia civil de tráfico / Radio Ourense- Cadena Ser

Imagen de archivo de un control de la guardia civil de tráfico

Ourense

CxG ven mantendo xuntanzas con colectivos e organizacións para coñecer de primeira man as necesidades do País. Nese marco e partillando da necesidade co gremio das autoescolas enmarcamos esta proposta. Reclamar as competencias en materia de tráfico e de formación vial, e regular en Galicia unha modalidade de permiso de conducir ós 16 anos. Con particularidades, que sexa vinculado a unha oferta de traballo, a unha necesidade de formación e tamén a un itinerario profesional formativo que pode servir o sector da autoescola como complemento de negocio na calidade de orientador laboral.

Fundaméntase esta proposta na realidade de que moitos mozos e mozas de Galicia teñen que facer moito desprazamento para a súa actividade laboral ou formativa, e a resposta da Xunta na relación a transporte soamente é válida nas zona das Cidades. Esta é unha realidade propia de Galicia por iso é importante reclamar esta competencia e despois dende a Xunta reflexar esta necesidade que ademais fará a Galicia máis competitiva.

En Alemaña e Francia xa é posible, polo que entendemos que en Galicia coa nosa necesidade e particularidade é xustificado esta variación.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00