Eleccións á Unión Deportiva Ourense
O día 20 de xaneiro, celebrou a súa sesión constitutiva a Xunta Electoral saída da Asemblea da Unión Deportiva Ourense.

O día 12 de febreiro ás 20horas en primeira convocatoria ou ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa de Chocolate, Asemblea Xeral Estraordinaria. Elección da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense / Yedra Seara

Ourense
O día 20 de xaneiro de 2019 ás 18:30 horas celebrou a súa sesión constitutiva a Xunta Electoral saída da Asemblea da Unión Deportiva Ourense celebrada o día 17 de febreiro de 2019. Tras a lectura do regulamento electoral do clube, decidiuse:
1- Abrir exposición pública do censo electoral ata o luns 28 de xaneiro de 2019 ás 21 horas no taboleiro situado nas oficinas do Estadio do Couto.
2-Dar de prazo ata o día 1 de febreiro de 2019 ás 23:59 horas para a presentación de candidaturas segundo o modelo dispoñible na web udourense.com
3-Convocar Asamblea Xeral Extraordinaria para o día 12 de febreiro de 2019 ás 20 horas en primeira convocatoria ou ás 20:30 horas en segunda convocatoria no Salón de Actos da Casa de Chocolate, tendo como único punto de orde do día a elección da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense.
4- Establecer como vía de comunicación para a presentación de candidaturas, resolución de dúbidas, recursos ao censo ou das candidaturas e comunicación oficial a dirección de correo lectrónico eleccionsudourense2019@gmail.com, sendo esta a única vía de comunicación válida.