O Cocido está en tódalas partes
A edición número 51 do Cocido de Lalín xa está en marcha. Hoxe presentáronse os detalles desta edición en Pontevedra. Os Mercados de Abastos son os lugares elexidos para a súa promoción no lugar do autobús que se utilizaba o ano pasado
El Cocido está en todas partes
02:20
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pontevedra
O Concello de Lalín comezou a promoción da 51 edición da Feira do Cocido na Praza de Abastos de Pontevedra. Trátase dunha nova iniciativa que ven mudar ó autobús do Cocido que percorreu os concellos o ano pasado poñendo en valor esta festa gastronómica. Segundo apuntou o concelleiro de Turismo de Lalín, Francisco Vilariño, a elección da cidade do Lérez como punto de partida promocional non foi casualidade senón que é fruto das sinerxias entre os dous concellos.
A boa sintonía entre Pontevedra e Lalín fíxose notar tamén nas palabras da concelleira pontevedresa Anabel Gulías, quen afirmou que Lalín está no centro do mapa gastronómico, ademáis do xeográfico.
O alcalde da capital do Deza, Rafael Cuiña, aproveitou esta presentación para convidar aos veciños de Pontevedra ó seu concello, referíndose de xeito especial ao alcalde Lores e ao Xefe da oposición, o Popular Rafael Domínguez.