Asemblea xeral ordinaria da Unión Deportiva Ourense
O xoves día 17 de xaneiro,ás 20:00horas en primeira convocatoria e 20:30 horas en segunda,asemblea xeral ordinaria de socios da Unión Deportiva Ourense

Dentro dos puntos da orde do día, é a dimisión da xunta directiva e convocatoria de eleccións. / Yedra Seara

Ourense
Por acordo da Xunta da Unión Deportiva Ourense convócase para o xoves día 17 de xaneiro de 2019, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e 20.30 horas en segunda na Casa de Chocolate(Avda da Habana, 79), Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte orden do día.
1- Ratificación, se procede, de novos socios.
2-Liquidación orzamento tempada 2017-18.
3- Informe execución orzamento tempada 2018-19.
4- Dimisión xunta directiva e convocatoria eleccións.
5- Rolda libre de intervencións.
Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social a data 31 de decembro de 2017, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma.
Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.