Balance negativo para o Auriense
Xornada para esquecer, derrotas dos equipos do Auriense, ante o Estrela Vermella.
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/7APPHGCFPRO6LDNZSHW7YMPXSM.jpg?auth=e357c35e1894652d426f47ea7d62a1aa67b80b25f6d78da8d974e1386598357a&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Derrotas dos equipos masculino e feminino do Auriense,nunha nova xornada do fútbol gaélico. / Millán Brea
![Derrotas dos equipos masculino e feminino do Auriense,nunha nova xornada do fútbol gaélico.](https://cadenaser.com/resizer/v2/7APPHGCFPRO6LDNZSHW7YMPXSM.jpg?auth=e357c35e1894652d426f47ea7d62a1aa67b80b25f6d78da8d974e1386598357a)
Ourense
No primeiro partido da tarde, o equipo masculino non estivo afinado, e viuse sobrepasado en todo o momento polo equipo local. Cun primeiro tempo igualado aínda que xa con ventaxe no marcador para o Estrela, o segundo tempo acabou por romper o encontro gracias o acerto nas contras e oa baixón físico nas filas ourensáns, que desta vez estiveron acertados e non conseguiron marcar ningún tanto. Unha derrota dura contra un dos favoritos, a levarse o título ligueiro.
En canto ao cadro feminino, que chegou con numerosas baixas ao encontro, competiu e mantivo un encontro máis igualado, aínda que foi Estrela Vermella que dende o primeiro minuto, e con moito acerto cara a portería ourensá, quen impuxo o ritmo e mantivo as distancias no marcador. Unha derrota no primeiro partido de liga, pero que serve para tomarlle a medida á competición, agardando recuperar xogadoras para oas vindeiros choques.
A fin de semana que vén descansan ambos equipos, e retoman a competición na casa, contra Turonia de Gondomar, o domingo 18 de noviembre.