Sociedad | Actualidad
Infartos

O Concello de Ourense protexe a saúde cardíaca dos cidadáns

O consistorio instalou desfibriladores na Casa Consistorial, en La Molinera e no Auditorio Municipal

O consistorio instalou desfibriladores na Casa Consistorial, en La Molinera e no Auditorio Municipal / Concello de Ourense

O consistorio instalou desfibriladores na Casa Consistorial, en La Molinera e no Auditorio Municipal

Ourense

As instalacións do Concello de Ourense contan, desde esta semana, con tres desfibriladores e persoal formado para o seu uso na Casa do Concello, no Auditorio Municipal -na foto- e en La Molinera, coa fin de poñer medios para emendar accidentes cardiovasculares. A Concellería de Servizos Xerais dálle así cumprimento a un acordo plenario (de agosto de 2017, por unanimidade dos grupos presentes) cun investimento de 18.027,79 euros (IVE engadido).

“O Concello de Ourense ten claro que non hai nada máis importante que tomar medidas como esta”, afirma o alcalde de Ourense, “coa fin de salvar a vida dunha persoa”. Igualmente, o persoal formado tamén saberá actuar ante un ataque epiléptico e un atragantamento, sinala Jesús Vázquez.

Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), cada ano morren 9.971 galegos por enfermidades do sistema circulatorio tras sufrir infartos e paros cardíacos, convertendo estas causas de morte na principal causa de morte en Galicia. O 85% destes casos pódese evitar cun desfibrilador ao alcance e coñecementos sobre como realizar unha respiración cardiopulmonar (RCP).

A posibilidade de recuperación pode chegar mesmo ao 90%, segundo un informe do servizo de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00