Cine y TV | Ocio y cultura

As protestas da Escola de Arte Dramática chegan a Pontevedra

Estudantes e docentes da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, con sede en Vigo, desplazáronse a Pontevedra para esixir que a súa formación académica teña condicións equivalentes a un título universitario

undefined

Pontevedra

Parón total de alumnos e mestres da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Reivindican a equiparación da súa titulación á dun grao universitario, e denuncian o abandono da Escola por parte da Xunta de Galicia, xa que non cesan os despidos de docentes.

As protestas da Escola de Arte Dramática Chegan a Pontevedra

01:48

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Contan co apoio, por exemplo, da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, que coa presencia no acto reivindicativo celebrado diante da Subdelegación da Xunta en Pontevedra da súa vicepresidenta, Mabel Rivera, pretenden dar visibilidade a desigualdade e abandono que padecen.

Tamén atopan comprensión no ámbito político. Por un lado, o deputado Provincial de Cultura, Xosé Leal, entende que a Escola forma parte da proxección cultural de Galicia. Por outra banda, a deputada de En Marea, Ánxeles Cuña, da un paso máis anunciando que levarán este problema ao Parlamento de Galicia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00