Deportes
CB Breogan

"Hay que ser positivos y ver el vaso medio lleno", Natxo Lezkano sobre a situación do Breo

O adestrador móstrase satisfeito polas útimas vitorias do equipo, pero os rivais "no hacen medida" pola diferenza de categoría

Natxo Lezkano / CB Breogán

Natxo Lezkano

Lugo

O Cafés Candelas Breogán aproxímase ao final desta precamapaña. O 30 de setembro os celestes volven a xogar, doce anos despois, na ACB. Farano contra o Juventut no Pazo Universitario dos Deportes, pero lonxe de felicidade, no Breo respírase incerteza. Úriz, Arco, Brown e Redivo comezan a recuperarse, pero o futuro de Norel cada vez pinta máis feo. O equipo xa busca no mercado unha nova fichaxe para a súa posición, pois todo apunta a que o holandés deberá pasar por quirófano e estar, alo menos, tres meses de baixa. "La verdad es que le está costando recuperarse", aseguraba en declaracións para Radio Lugo o coah, Natxo Lezkano.

Porén, non se consola quen non quere. "Ahora nos toca ser positivos y pensar que es mejor que esto pase en pretemporada. Tenemos que ver el vaso medio lleno". Dende o equipo pensan que nas vindeiras semanas tanto Úriz coma Brown xa poderán retomar o ritmo, pois pouco a pouco evolucionan coma se agradaba.

Certo é que, malia as derrotas, o Broegán non deixa mal sabor de boca. O principal problema do equipo nos primeiros tests amistosos era a falta de trocos, pero  a incorporación de novas fichaxes comeza a devolver certa tranquilidade ao plantel. Sergi Vidal, que aterrou en Lugo o pasado venres, anotou no partido contra o Coruña un total de 22 puntos. Destaca Lezkano a rápida integración no equipo do catalán.

Tamén nestas semifinais de Copa puidemos ver a Redivo xogar os seus primieor sminutos despois de recuperarse, paseniñamente, da súa lesión. O arxentino cae anotou tanto por minuto xogado. En concreto, sumou 11 puntos en 13 minutos. A mirada do Breo está agora posta no partido contra o Palencia. Para Lezkano o primordial non é tanto o resultado se non ver un bo rendimento dos celestes na cancha.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00