A falta de confirmación, todo apunta a que Norel terá que ser intervido
A reacción do holandés ao tratamento de infiltración no xeonllo esta semana era definitiva

Norel / CB Breogán

A semana non comeza de todo ben para o Cafés Candelas Breogán. Malia a victoria nas seminifnales de Copa en Marín, contra o Leyma Coruña, os celestes ven empañada esta alegría pola posible intervención quirúrxica de Norel. A pasada semana, o clube daba a coñecer a situación médica do xogador holandés. Debido a unha lesión no xeonllo producida nos adestramentos de verán, Norel e os profesionais do equipo avogaron por unha infiltración e ver como reaccioaba ao tratamento. O prazo para decidir se operar ou non era dunha semana, e polo de agora, a falta de confirmación oficial, todo apunta a que Norel non evoluciona como debería.
De seguiren así, o xogador do CB Breogán pasaría polo quirófano para limpar o cartílago e estaría de baixa uns tres meses. A lista de enfermaría do Breo, polo de agora, segue a tope. Con todo, pode ser que Brown se incorpore pronto ao conxunto, pois nas semifinais da Copa Galicia, malia non xogar, fixo os exercicios de quecemento.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo