Referencias ao Pop Art na mostra ''O movemento estático''
O Centro Cultural '' Marcos Valcárcel '' da Deputación de Ourense acolle esta nova exposición

Referencias ao Pop Art na mostra '' O movemento estático '', do pintor Santiago López Amado, no Centro Cultura Marcos Valcárcel. / Pepe Gonzalez

Ourense
O Centro Cultural'' Marcos Valcárcel'' da Deputación de Ourense acolle unha nova mostra nas súas instalacións, trátase de '' O movemento estático'', do pintor Santiago López Amado, quen enche as paredes deste espazo cultural con referencias ao Pop Art, aos personaxes que formaron parte da súa cotidianeidade e da moitos cidadáns máis.
Marilyn, Superman, Elvis, Capitán Trueno, Jagger, Police, Bo Derek, son algúns dos protagonistas que se poden ver en '' O movemento estático'', obras marcadas pola soltura e xestualidade do trazado'', sinalou Francisco González, quen lembrou que esta mostra enmárcase na filosofía plural do Centro Cultural de '' atender ás diferentes disciplinas artísticas (pintura, escultura) e ás diferentes xeneracións de artistas (consolidados, emerxentes).