O xeonllo de Norel pon en tea de xuízo o seu futuro
O holandés lesionouse nos adestramentos de verán e, de non recuperarse esta semana, podería pasar polo quirófano

Rolda de prensa CB Breogán / CB Breogán

As cousas non pintan ben para os celestes. As lesións persisten no vestiario do CB Breogán e pon en perigo o futuro de Norel. O holandés, segundo explica o director deportivo, Quique Fraga, lesionouse nos adestramentos de verán no xeonllo e as molestias persisten. "Fuimos hasta Vitoria en busca de la mejor solución y nos plantearon dos opciones: una más tradicional, que consistiría en infliltrarle para reducir a inflamación, o pasar por el quirófano". Tanto o clube coma o propio Norel optaron pola infiltración. Esta semana saberán se o tratamento é efectivo, pero se non funciona, habería que operar. O feito de pasar por unha intervención quirúrxica conlevaría uns tres meses de recuperación.
Máis positivos son dende o clube coa recuperación de Lucio Redivo. O arxentino lesionouse no verán. Rompeu fibras e ao comezaren os adestramentos produciuse unha descompensación nos abdutores. Leva varios días adestrando e traballando con Jaime Capellá na súa recuperación e todo apunta a que vai polo bo camiño.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo