Deportes
FÚTBOL

O mellor fútbol xuvenil galego no Seixo

O memorial Manolo Arnoya, reunirá este sábado no campo do Seixo unha mostra do mellor fútbol galego xuvenil, participando os equipos, R,C, Celta de Vigo, R.C. Deportivo da Coruña, C.D. Lugo e Ourense C.F.

Presentación no salón de plenos do concello de Ourense, da décima edición do memorial Manolo Arnoya de fútbol xuvenil. Presentes no acto, alcalde, Jesús Vázquez, Mario Guede, concelleiro de deportes, Bernardino Glez, coordinador de deportes Deputación, Mi / Concello de Ourense

Ourense

O campo do Seixo, en Santa Cruz de Arrabaldo, acolle este sábado 25 de agosto a décima edición do Memorial Manolo Arnoya de fútbol xuvenil, que conta coa participación dos equipos, Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, C.D. Lugo e Ourense C.F. Un ano máis o memorial reúne aos equipos galegos que compiten nas máis altas categorías no fútbol español xuntos, nesta edición, ao Ourense Club de Fútbol, que obtivo a clasificación na fase previa que se disputou a pasada fin de semana.

Ao longo da mañá xogaranse as semifinais:

Celta de Vigo- Ourense C.F.ás 10:00h.

Deportivo da Coruña- C.D. Lugo. ás 12.00h.

Pola tarde xogaranse:

Terceiro e carto posto, ás 17 :00h.

Final, ás 19:00h.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00