En marcha unha nova fase da humanización de Carballedo
Máis de medio millón de euros para rehabilitar a contorna de A Chan e da capela de San Roque
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/R7YYXWP6MVNJLF4PFBBS62TS2Y.jpg?auth=5bb62ba9e9b1dcf44ae2a4961ae62154d56fb9fdb40cf50ff5d950c458b0ea03&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
00:00
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pontevedra
O presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, asinou esta mañá coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e coa presenza do deputado de Mobilidade, Uxío Benítez o convenio de colaboración entre ambas administracións que permitirá acometer a humanización e a creación dun amplo aparcadoiro público na Chan.
O importe deste acordo, rubricado na sala de xuntas do Pazo de Montero Ríos, é de 607.000 euros, dos que o 70% serán sufragados polo organismo provincial, mentres que a aportación municipal será do 30% restante máis a consecución dos terreos a través dunha compravenda de mutuo acordo.
A obra contempla a humanización da Praza da Chan, a mellora da travesía desde o consistorio e o acondicionamento peonil da contorna da capela de San Roque, así como a creación dun aparcadoiro público gratuíto en superficie con 55 prazas fronte ao centro de saúde.