A novela Arnoia, Arnoia de Ferrín convértese en videoxogo
A novela Arnoia, Arnoia, do escritor Xosé Luis Méndez Ferrín, publicada por primeira vez en 1985, converterase en videoxogo..

Reunión no Pazo Provincial, dos impulsores de esta iniciativa cultural: Manuel Baltar, Presidente da Deputación de Ourense,Antonio Piñeiro, Coordinador cultural no Concello de Celanova, Luz Castro, da Empresa Imaxn Software,e Martín López Nores, Profesor / Deputación Provincial de Ourense

Ourense
Un proxecto apoiado pola Deputación de Ourense e contribuirá " a trasladar a todos os públicos a riqueza literaria e turística de Celanova e da provincia de Ourense por medio dun formato novidoso e interactivo", afirmou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, logo da reunión que mantivo no Pazo Provincial cos impulsores desta iniciativa cultural: Antonio Piñeiro, coordiandor cultural no Concello de Celanova, Luz Castro, da empresa compostelana Imaxen Softwware e especialista en marketing dixital, así como relatora da Ourense ICC WeeK, e Martín López Nores, profesor da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo e coordinador por esta universidade, do programa europeo Cross Cult.
O proxecto, que terá versións en galego, español e inglés, ten como obxetivo-por medio da transformación da nevela Arnoia, Arnoia ao ámbito do videoxogo-dinamizar didáctica e turisticamente as Terras de Celanova e da Baixa Limia; divulgar a literatura dos autores de Celanova con outro tipo de rexistros e linguaxes comunicativas alén do libro; utilizar as novas tecnoloxías para aproximar a literatura dos autores de Celanova á xuventude.
Tamén pretende promover a dinamización local e o fomento do emprego por medio da creación de industria cultural baseada no patrimonio literario e cultural de Celanova e a súa zona de influencia.