Galicia e Ourense,grandes representantes do xadrez
A Secretaria Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Marta Miguez, destaca a Galicia e Ourense, como grandes representantes do xadrez internacional, polos seus deportistas e campionatos

Marta Miguez.destaca a Galicia e Ourense como grandes representantes do xadrez internacional.Na foto o gran mestre internacional, Iván Salgado. / Secretaría Xeral para o Deporte

Ourense
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Miguez, acompañada pola delegada territorial da Xunta na provincia, Marisol Díaz, participaron na inauguración das I Xornadas Internacionais de Xadrez, con Iván Salgado, gran mestre internacional ourensá. Alí, a responsable de deportes galego situou a Galicia e Ourense como '' dous destinos de deporte e de xadrez porque son grandes representantes do xadrez internacional''.
Nesta liña destacou a figura do campión de España absoluto, Iván Salgado; o Campionato de España en idade escolar de xadrez que se celebra por terceiro ano consecutivo en Padrón; e polos outros tres medallistas nacionais cos que conta o Club Xadrez Ourense e que participarán no torneo relámpago que terá lugar o domingo, Yudania Hernández (bronce no nacional feminino). Xacobe Conde(prata nacional alevín) e Martín Gómez(bronce nacional infantil).