Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

De ruta por Boborás ...

Celébrase a II edición dos “roteiros culturais”

Presentación de la II edición de Os “roteiros culturais” de Boborás / Prensa Diputación

Presentación de la II edición de Os “roteiros culturais” de Boborás

Ourense

Prehistoria, medievo e historia contemporánea, protagonizan a II edición dos “roteiros culturais” de Boborás. A Deputación de Ourense apoia esta iniciativa didáctica e de lecer que se desenvolve ata novembro. Trátanse de 10 rutas por 14 parroquias do municipio percorrendo os vestixios prehistóricos, a pegada romana, a flora e a fauna, os castros a época medieval e as antigas fábricas de papel, cera e serradoiros, son algunhas das propostas organizadas nesta edición, explica Patricia Torres, concelleira de Cultura e Turismo de Boborás.

O arqueólogo Jorge Lamas fala dunha iniciativa didáctica e que ten como obxectivo “pór en valor para veciños e visitantes o gran legado histórico e as calidades paisaxísticas do municipio.

As datas dos seguintes roteiros son: en xullo, días 8 e 29, Feás e Cardelle, respectivamente; o 4 de agosto en Moldes; en setembro, os días 2 e 23, Pazos de Arenteiro-Albarellos e O Regueiro-Feás; 0 14 de outubro, a ruta Laxas-Pazos de Arenteiro; e en novembro, os días 4 e 18, a ruta de Moreiras-Xendive e a de Cameixa, respectivamente.

Para participar non é necesario realizar ningunha inscrición, abonda con presentarse á hora de comezo da ruta no punto de encontro, recomendándoselle ás persoas que participen levar calzado cómodo, así como auga e froita ou froitos secos para o percorrido.

 

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir