Pontevedra prorroga o contrato do lixo

Acordouse ademáis a renovación da maquinaria que cumpríu coa súa vida útil, atendendo ás recomendacións dos Servizos Técnicos do Concello

00:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Pontevedra

Acordouse ademáis a renovación da maquinaria que cumpriu coa súa vida útil, atendendo ás recomendacións dos Servizos Técnicos do Concello. Nunha flota de aproximadamente 20 camións, a metade non funciona, excluindo os que xa non se moven. Raimundo González avanzou cambios tamén nos contentores, varredoras e baldeadoras. Ademáis de incorporar un furgón hidrolimpador. A empresa ten seis meses, dende mañán, para invertir un millón e medio de euros.

O voceiro do Goberno local explicou que se manteñen as revisións do contrato segundo o IPC. Indicou tamén que estes tres anos son necesarios para poñer en marcha un nuevo pliego, que depende neste intre dun cambio normativo inminente, en materia de residuos, da Unión Europea. A isto súmanse un borrador do Ministerio de Medioambiente e os cambios anunciados dende a Xunta. Pontevedra quere ademáis, avaliar a compostaxe colectiva e o despliegue dos composteiros individuais.

Entre as novidades que anuncia Europa, están a obriga de separar textís en 2025 ou separar embases. O que se chama economía circular, aproveitar todos os desperdicios.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00