Sociedad | Actualidad
Campamentos verano

O Campamento “Explora Ourense” pon en valor a riqueza natural da Baixa Limia

Este programa está dirixido a nenos de 9 a 14 anos e se desenvolverá do 1 ao 12 de agosto no complexo turístico do Corgo, en Muíños.

Imaxen do complexo turístico de O Corgo. / Radio Ourense- Cadena Ser

Imaxen do complexo turístico de O Corgo.

Ourense

O Campamento “Explora Ourense”, que organiza a Deputación de Ourense coa colaboración do concello de Muíños e Sustinea, volve unha edición máis a descubrir a riqueza natural da provincia a nenos ourensáns de entre 9 e 14 anos, desenvolvendo un amplo programa de actividades lúdicas e educativas que teñen como elemento común a natureza da Baixa Limia. Será do 1 ao 12 de agosto no complexo turístico do Corgo.

Os campamentos están destinados a 50 rapaces da provincia de entre 9 e 14 anos e desenvolveranse en dúas quendas entre o 1 e o 12 de agosto.

A primeira quenda do campamento terá lugar do 1 ao 6 de agosto para os nenos de entre 12 e 14 anos, e a segunda quenda para nenos de 9 a 11 anos será do día 7 ao 12 de agosto. Os interesados en participar poderán inscribirse a través da páxina web www.exploraourense.com a partir de hoxe martes e ata o 19 de xuño, por un custe de 88 euros. O 26 de xuño celebrarase o sorteo que determinará as prazas do campamento.

Este proxecto lúdico e educativo inclúe na súa programación actividades vencelladas co deporte e a natureza, como roteiros náuticos e polo parque natural do Xurés, obradoiros e xogos, e tamén ofrece aos nenos a experiencia de pasar unha noite baixo o manto das estrelas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00