Pontevedra contará cun Skatepark definitivo
De momento trátase dun anteproxecto, pero xa se sabe que estará ubicado no acceso ao Campus de Pontevedra, e que contará con tódalas necesidades para a práctica do skate

Pontevedra contará cun Skatepark definitivo
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pontevedra
De momento trátase dun anteproxecto, pero xa se sabe que estará ubicado no acceso ao Campus de Pontevedra, e que contará con tódalas necesidades para a práctica do skate, tanto a nivel amateur como profesional, cunha integración total na cidade. Brandan Philips e Javier Segura, integrantes da Asociación de Sakaters de Pontevedra, detallan as características do que para eles será unha referencia en Galicia.

Cadena Ser

Cadena Ser
Consensuado, participativo, e en agarda dun orzamento definitivo, o novo skatepark rondará os 400.000 euros. O concelleiro de Xuventude e Xardíns, Alberto Oubiña, non se aventura a marcar unha data para o final das obras, pero incide na importancia de que cumpra as expectativas, xa que terá o valor engadido de poder albergar nel eventos deportivos que acerquen máis xente a Pontevedra.
Para os que se inicien no skate, ou para quen non teña coñecementos deste deporte que será disciplina olímpica no 2020, váianse quedando con estes conceptos: grindar, ollie, kickflip, etc…

Cadena Ser

Cadena Ser