Deportes
AUTOMOBILISMO

Ourense capital do automobilismo nacional

O 51 rallye de Ourense, situará a provincia os días 7, 8 e 9 de xuño, en un referente e escaparate de deporte de alta competición

A presentación da 51 edición do Rallye de Ourense, foi ao carón da Ponte Vella. Os días 7, 8 e 9 de xuño, Ourense será referente e escaparate de este deporte. / Deputación Provincial de Ourense

Ourense

Na presentación, que tivo lugar ao carón da Ponte Vella, Manuel Baltar destacou qie a Deputación de Ourense seguirá apoiando este magnifico escaparate que une deporte, alta competición e natureza¨.

A provincia de Ourense, acollerá do 7 ao 9 de xuño a 51º edición do ¨Rallye de Ourense-Ourense Termal¨, a proba automobilística máis importantes no ámbite nacional, que foi presentada xunto á Ponte Vella da capital ourensá, que achega este ano unha axuda económica de 51.000 euros para esta proba deportiva, estivo representada no acto polo titular do goberno provincial, Manuel Baltar, quen destacou que este evento ¨ é o mellor organizado e pon a proba  a nosa capacidade para poñer en marcha acontecementos deportivos de alto grao como é o Rallye de Ourense¨. Batlat tivo tamén palabras de agradecemento para Escudería Ourense ¨por facer de Ourense a capital do mundo de rallye durante tres días do mes de xuño, nos que Ourense será referente e escaparate de deporte, alta competición e natureza, para seguir amosándonos ao mundo, motivo polo cal a Deputación estivo, está e seguirá estando para apoialo¨.

O presidente da Deputación tivo palabras de lembrazas para todas as persoas que ao longo da máis de medio século fixeron posible elevar ata a máxima calidade ao Rallye de Ourense, e neste sentido o presidente de Escudería Ourense, Julio Bouzo, agradeceu á mesma desde os seus inicios¨, e tamén lembrou a figura do fotógrafo Gonzalo Belay, recentemente falecido.

A organización do rallye contará con máis de 500 persoas que traballarán en temas de coordinación e seguridade, nun evento que supón un grande impacto económico para a provincia de Ourense. O rallye contará con tramos cronometrados na Peroxa, Toén, Castrelo de Miño, Esgos, Cañón do Sil e Melias, e terá una distancia total de percorrido de 506 quilómetros, con 10 tramos cronometrados(182,5 kilómetros) e 4 sectores, situándose os puntos de saída e chegada no Xardín do Posío, e de asistencia e verificacións en Expourense e no Pazo dos deportes Paco Paz.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00