Club xadrez Ourense campión galego sub 16
Xadrez Ourense impuxo a súa condición de favorito e conquistou a Copa no Sporting Club da Ciudade Herculina

O equipo cadete de Xadrez Ourense, renova o título de campión da copa galega en A Coruña / Club Xadrez Ourense

Ourense
O pasado sábado día 26 de maio tivo lugar no Sporting Club Casino a Copa Galicia de Clubs en categoría cadete (sub-16), o conxunto ourensán formado por Martín Gómez (actual bronce nacional), Mateo Díaz, Marcos Vázquez, Xacobe Conde (actual prta nacional) e Adrián Vázquez Velasco, foi quén de defender a súa condición de número 1 de ránking entre as 6 potentes escuadras participantes de diferente xeografía Galega.
Pese ao apretado do marcador final o coeficiente de desempate favoreceu aos Ourensáns ante outro potente conxunto, o McDonalds de Vilagarcía.
Con este triunfo o Xadrez Ourense Cadete renova o título conquistado en 2017, tamén en terras Herculinas.
Hai que ter en conta que todos os componentes deste xoven equipo ainda manterán na vindeira tempada 2019 a condición de xogadores Cadetes, o que fai pronosticar moitas posibilidades de aspirar ao máximo en vindeiras edicións con esta excelente xeneración.