Pleno de ouros para o club Pavillón
As pavillonistas rematan con trece metais a III Fase de Copa Deputación, alcanzando pleno de ouros na competición individual, e once conxuntos clasificados para o autonómico de nivel escolar
Ourense
No pavillón de Barbadás, foi escenario da III Fase da Copa Deputación de Ourense, fase final do provincial de nivel escolar, clasificatorio para o galego e fase final do Campionato de Promoción.
No campionato de nivel promoción, Ourense só ten como conxuntos participantes os conxuntos pavillonistas e o conxunto infantil do Club Bayo-Sil. Os conxuntos locais mostran cada día un mellor nivel de exercicios cara a cita autonómica que terá lugar o día 9 de xuño.
A terceira fase da Copa Deputación de Ourense, que suma unha nota máis para a clasificación final, vai dando sorpresas e vai repartindo metais entre diferentes clubs e escolas da provincia.
Nesta terceira fase, o Club Ximnasia Pavillón fixo pleno na competición individual, sendo ouro as catro individuais que participaron nas categorías de iniciación, benxamín, infantil e cadete.
Na modalidade de conxuntos o Club Ximnasia Pavillón, que participou con catro conxuntos alcanzou o Ouro con tres deles(Alevín, Cadete, e Senior), sendo cuarto o conxunto Alevín.
Escola Ximnasia Pavillón, por súa parte, acadou catro pratas e un bronce.