Musica | Ocio y cultura
Fiestas locales

Cristina Pato será a pregoeira das festas de Ourense

A lectura que dará inicio a oito días de actividades para todas as idades será o sábado 23 ás 22:00 horas na Praza Maior.

A lectura que dará inicio a oito días de actividades para todas as idades será o sábado 23 ás 22:00 horas na Praza Maior. / cristinapato.com

A lectura que dará inicio a oito días de actividades para todas as idades será o sábado 23 ás 22:00 horas na Praza Maior.

Ourense

As actuacións da Praza Maior serán ás 22:30 horas, gratuítas e co aforo reducido por motivos de seguridade. Polo de agora os confirmados son:

Sábado 23 de xuño, Andrés Suárez. Músico de Ferrol que pasou de tocar no Metro de Madrid a encher estadios coma O WiZink Center da capital e a converterse nun dos artistas máis queridos polo público amante da música. Desde una ventana (2017) é o seu sexto e último disco até o momento, un álbum cociñado a fogo lento no que se dan cita o rock, o folk e mesmo o fado.

Domingo 24 de xuño, Antonio José. Con só 23 anos pero unha intensa e traballada carreira artística, perfílase coma unha das novas promesas do panorama musical. En menos de 3 anos converteuse no artista emerxente pop máis importante do país e acumula xa 4 discos de platino e un Disco de Ouro, 8 semanas Nº1 en listas de venda oficiais, continuos Nº1 en itunes e unha interminable xira de máis de 200 concertos con máis de 250mil persoas víronlle en directo.

Martes 26 de xuño. Los Secretos. A banda española liderada polos irmáns Urquijo segue, 40 anos despois da publicación do seu primeiro álbum, interpretando sobre os escenarios as súas cancións, convertidas xa en himnos para varias xeracións. Posiblemente, as letras máis catadas sobre o desamor en lingua castelá.

Xoves 28 de xuño. Xestreu e Treixadura. Logo de actuaren nos actos do Día da Muller, as cinco cantareiras de Xestreu voltan para amosarnos sobre as táboas a fusión das cinco formas diferentes de pensar, de sentir e de interpretar as músicas da nosa terra. Partindo da recollida, adaptación e interpretación das cantigas dos diferentes pobos do mundo, Xestreu farannos viaxar polo mundo sen saír da Praza Maior.

Treixadura, pola súa banda, leva sendo referencia da música tradicional galega desde 1992. O grupo redondelán vén de celebrar os seus 25 anos en activo con Vendimia Tarda (2015), gravado en directo no Teatro García Barbón de Vigo. Con seis discos no mercado e un estilo propio baseado nos ritmos, nas cantigas e nos instrumentos tradicionais galegos, Treixadura ten participado, entre outros, con Rodrigo Romaní, Leilía, Tanxarina ou Quico Cadaval.

Sábado 30 de xuño. Guadi Galego e Ramón Mirabet. O mundo está parado (Fol Música 2016) é o último traballo desta polifacética artista, unha das voces máis recoñecidas e recoñecibles da música galega. Gaita e voz principal con Berrogüetto, participou noutros proxectos colectivos coma Nordestin@s, Espido ou aCadaCanto. Sons con arrecendo pop que garante un potente directo acompañada dunha banda de moitos quilates: Isaac Palacín (batería e percusión), Guillerme Fernández (guitarra), paco Charlíon (baixo) e Carlos Abal (guitarra).

A carreira de Ramón Mirabet, nado no seo dunha familia de músicos e artistas de circo, comezou aos tres anos compoñendo as súas primeiras melodías. A súa traxectoria pasa das beiras do Sena, en París, ao talent show 'Nouvelle Star' da televisión e de aí ao teatro Olympia. Instalado na bohemia do bario de Montmartre, edita o seu primeiro álbum, Happy Days (Warner 2013). Pero o seu camiño está máis ligado á procura: atoparémolo en Brighton (Inglaterra), e tamén nas Highlands de Escocia, pero sen esquecer as rúas e os bares da súa Barcelona natal. Home Is Where the Heart Is (Warner 2016) é o seu último traballo, presentado nunha xira de máis de 90 concertos e que foi vista por máis de 140mil persoas, entre as que cómpre destacar as máis de 20mil que asistiron á praia do Bogatell nas festas da Mercé. As melodías positivas e o ritmo das cancións converterano nunha das revelacións das festas de Ourense.

Máis confirmacións: Ademais destas, tamén se avanzaron outros nomes coma os de Rosendo Mercado e Dvicio, que actuarán no xardín do Posío (entradas, 5€ anticipada e 7€ en billeteira), e a nómina de orquestras (na rúa do Progreso, de balde): Combo Dominicano, o xoves 28 de xuño ás 01:00 horas; Panorama, o venres 29 ás 01:00 horas; Olympus, sábado 30 de xuño ás 01:00 horas; e París de Noia, o domingo 1 de xullo ás 21:00 horas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00