Club Xadrez Ourense obtén o subcampionato de liga
Club Xadrez Ourense, obtén o subcampionato de liga, e estará no Nacional de Clubes de Linares

Xadrez Ourense, con Iván Salgado,Subcampeóns de liga, acudirá ao Nacional de Clubs de Linares. / Club Xadrez Ourense

Ourense
Disputouse a 11ª e derradeira xornada da Liga Galega de clubs en todas as súas categorías, dunha competición que moviliza a máis de 1000 xadrecistas pertenecientes a máis de 200 equipos cada sábado, desde o pasado Xaneiro.
Dentro da máxima categoría a División Deportiva Xadrez Ourense en Tui ante o Xadrez Galego por un rotundo 0-6 que non deixaba lugar a dúbidas, e prácticamente a espera de coñocer outros resultados de conxuntos da parte alta da táboa para rubricar a súa clasificación para o Nacional de Clubs.
Con este resultado os ourensáns rematan subcampeóns de liga en solitario, únicamente por detrás do Universidade de Santiago, xusto vencedor da edición 2018, e acudirán, capitaneados por o actual campeón de España Individual, o G.M. Iván Salgado, ao nacional de Clubs que terá lugar o vindeiro agosto na xienense localidade de Linares.