Rematou a liga para o equipo feminino do Auriense
Rematou a liga para o equipo feminino, cunha derrota do Auriense, nas instalacións da Torre de Hércules

Rematou a liga para o equipo feminino, cunha derrota na tarde do domingo en A Coruña nas isntalacións da Torre de Hércules / Auriense

Ourense
Rematou a liga para o equipo feminino, cunha derrota na tarde do domingo en A Coruña, nas instalacións da Torre de Hércules:
Ártabras 4-13 (25)- Auriense 4-03(15)
Despois dun excelente comezo, o segundo tempo fíxose costa arriba para as xogadoras ourensás, que sen posibilidade de cambios, pagaron o desgaste físico.
Brillante tempada do equipo feminino do Auriense, no que a mellora do xogo e no físico foi sobresaínte, e no que cumpriron cos obxectivos deportivos ao quedar nun meritorio 4º posto.
Agora, a Copa, onde o equipo agarda competir e chegar á final, cuns cruces a priori asequibles en cuartos e semifinais.