II Ruta ciclista de BTT de Coles
42 kilómetros de deporte e natureza, na II Ruta ciclista de BTT do concello de Coles
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/IJUAUIHGMZPPTAV2RZSBTC6ZTY.jpg?auth=1b0eaa0b9a4aa5e7d78f40f34881094d111f85368626d16129962d1bd5cc099b&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Victor Arias, Manuel Rodríguez, Rosendo Fernández e Bernardino González, na presentación da II Ruta Ciclista de BTT de Coles. / Deputación Provincial de Ourense
![Victor Arias, Manuel Rodríguez, Rosendo Fernández e Bernardino González, na presentación da II Ruta Ciclista de BTT de Coles.](https://cadenaser.com/resizer/v2/IJUAUIHGMZPPTAV2RZSBTC6ZTY.jpg?auth=1b0eaa0b9a4aa5e7d78f40f34881094d111f85368626d16129962d1bd5cc099b)
Ourense
O evento deportivo, que terá lugar o día 22 de abril, ten como novidade o Circuíto Ciclista Infantil para nenos de ata 12 anos.
O municipio ourensán de Coles acollerá o 22 de abril a II Ruta Ciclista de BTT, na que os participantes poderán gozar durante os máis de 42 kilómetros de percorrido da riqueza natural desta contorna ourensá.
A novidade desde ano é o Circuíto Ciclista Infantil, que se desenvolverá entre as 10:00 e ás 13.00 horas, para nenos de ata 12 anos, sendo a inscrición gratuíta.
Os nenos, que participen deberán ir con casco, xa que no circuíto haberá actividdaes sobre educación viaria.