Deportes
ATLETISMO

O espiritu de Special Olympics en Ourense

A celebración destes Xogos Autonómicos para persoas con discapacidade intelectual, será o próximo sábado día 7 de abril, na pista cuberta de atletismo de Expourense.

A celebración destes Xogos Autonómicos de Special Olympics Galicia, será este sábado día 7 de abril, na pista cuberta de Exporense, donde participarán máis de 300 deportistas, con dfiscapacidade intelectual de toda Galicia / Pepe Gonzalez

A celebración destes Xogos Autonómicos de Special Olympics Galicia, será este sábado día 7 de abril, na pista cuberta de Exporense, donde participarán máis de 300 deportistas, con dfiscapacidade intelectual de toda Galicia

Ourense

Special Olympics Galicia, asoción dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organiza os xa tradicionais Xogos Autonómicos de Atletismo, nos que contará coa colaboración de FADEMGA Plena inclusión Galicia, e da asociación local de As Burgas.

Esta nova edición dos Xogos, celebrarase o vindeiro sábado día 7 de abril, nas pistas cubertas de Expourense, onde tomarán parte 225 deportistas con discapacidade intelectual de 19 asociacións de toda Galicia. Tamén contaremos coa inestimable colaboración dun grupo de 53 voluntarios de Special Olympics Galicia, sempre fundamentais na organización das actividades.

Os Xogos seguirán as regras básicas dos eventos deportivos organizados por Special Olympics establecéndose diferentes niveis de participación en función dos coñecementos que os deportistas teñen das regras así como das súas capacidades físicas.

Os atletas compitirán nas probas de velocidade, medio fondo, fondo, salto de lonxetude, salto de altura, lanzamento de peso, marcha, marcha asistida, ou lanzamento de bola (softball entre outras).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00