Ourense capital da rítmica
Preto de 1.000 deportsiatas daranse cita no VII Torneo Internacional Ourense a provincia termal de Ximnasia Rítmica, que se celebrará. Este gran evento, celebrarase no Pazo os día 29 e 30 de marzo
Ourense
Este evento deportivo, organizado polo Club Marusia e co-prganizado pola Deputación de Ourense, terá lugar os días 29 e 30 de marzo no Pazo dos Deportes Paco Paz.
Así mesmo, o día 31 de marzo realizarase unha Master Class a cargo de Yana Lukonina, adestradora da Selección de Rusia no Centro de preparación Olímpica de Móscu.
A sétima edición do Torneo Internacional ¨Ourense a provincia termal ¨ de Ximansia Rítmica, prganizada polo Club Marusia e co-organizada pola Deputación de Ourense, citará a preto de 1.000 deportistas os días 29 e 30 de marzo no Pazo dos Deportes Paco Paz.
No Torneo particioparán un total de 42 Clubs de Galicia, Castela León, Portugal, Asturias, Murcia, Valencia, Castela A Mancha e Moscú. A competición será retransmitida a través de internet.
As 19:30 horas, celebrarase unha gala de exhibición, na que participarán diferentes ximnastas que estiveron na Master Class,así como dous conxuntos de ximnasia estética do Club Acordes de Narón e tres equipos de Ximnasia Acrobática do Club Burgas. Tmén participarán ximnastas rusas con ximnastas do Club anfitrión.
Master Class:
Como peche do evento, o sábado día 31 de marzo, realizarase unha Master Class a cargo de Yana Lukonina, adestradora da Selección de Rusia No Centro de preparación Olímpica de Moscú.
Foi dúas veces Campiona de Europa, Campiona do Mundo por Equipos e tamén posúe un título de Xuíza Internacional. Asistirán a esta xornada técnica 70 participantes.