Ourense capital do piragüismo galego
Máis de 500 deportistas participarán no Campionato Galego de Piragüismo, o sábado día 24 de febreiro, que se celebrará no Parque Náutico de Castrelo de Miño
Máis de 500 deportistas participarán no Campionato Galego de Piragüismo que se celebrará no Parque Náutico de Castrelo de Miño o día 24 de febreiro, a partir das 10,00 horas. A presentación deste gran evento deportivo tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e a concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez; o presidente do Club Fluvial Avión, Pedro Andrés García; e o presidente e o delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea e José Manuel Fernández, respectivamente.
A Deputación de Ourense colabora con esta proba que ¨pon en valor o noso territorio dando a coñecer as potencialidades turísticas da nosa provincia¨, salientou Rosendo Fernández, que destacou ¨a idoneidade das nosas augas e das infraestruturas deportivas que ofrece o CERLAC, do que forma parte o Concello de Castrelo de Miño, un lugar de referencia a nivel nacional e internacional, que escollen numerosas seleccións e equipos para realizar os seus períodos de asdestramento¨.
Pola súa parte, o alcalde de Castrelo de MIño explicou que este ano ¨iniciamos de novo a colooración coa Federación Galega de Piragüismo para traer novas modalidades deportivas ao encoro de Castrelo e ao seu parque náutico¨, e agradeceu á Deputación de Ourense que continué a colaborar ´no desenvolvemento desde gran circuíto de probas náuticas e deportivas, que é un centro de referencia na provincia de Ourense¨.