La Ventana de las RíasLa Ventana de las Rías
Ocio y cultura
Momento Coruñento

Xangai (o tren que levaba os galegos a Barcelona) km 0

A Coruña

Terra de músicos, e navegantes. Onte, na sala Mardigrás, houbo sesión maior de bohemia coruñesa. O retorno dende Barcelona de Nacho López .Quizá descoñecido para o gran público, un artista fundamental e fundacional, aquel que plantou lumes a eito, por acó e por aló, con grupos míticos, Os Verjalhudos, o Jarbanzo Negro. E que agora está impulsar en Barcerlona a Orquestra Sinfónica da Rumba, talentos excelsos do Raval, fillos directos do mítico  Peret.

Onte Tres Trebóns, Ultraqans, Pulpiño Viascón, Lydia Botana, e mais Nacho e Tanja, chegados, insisto, directamente de Cataluña.

Xangai Km 0. Tal foi título desta catarse. Pois Xangai era o nome –isto dígoo para a xente nova- do tren infinito que durante décadas transportou a miles e miles de galegas e galegos destino Barcelona.

Poderosísimo encontro entre o mar do Orzán e as ribeiras do mediterráneo.

Hai unha parte de Barcelona que nunca sae nas guías turísticas: Aló no alto, NouBarris. Casas obreiras, construídas ás presas nos setenta, para atender a enxurrada da emigración galega e andaluza. Alí naceu a nosa estrela, Susana Seivane, gaiteira! produto xenuíno destes outeiros: O seu pai de Meira, a súa nai de Sorigüela del Guadalimar, provincia de Jaen.

Alí, veciñas e veciños hai corenta anos ocuparon unha fábrica de asfalto e converteron tan insalubre industria, nun gran centro cultural: O Ateneu de NouBarris.

Alí creou Nacho López, a Avenida Atlántica. Encontro marabilloso, sobre un verso de Manolo Rivas. Desembarco anual dun Castromil cargado de talento. Por alí pasaron os Papaqueixos, Rastreros, Diplomáticos, Garotas da Ribeira, Pinto de Herbón ou o propio Manolo Rivas.

Este ano, ou sexa, no 2017, chegará a apoteose: No corenta aniversario do Ateneo de NouBarris. A gran aventura do Xangai, creatividade galega concentrada conquistar Barcelona toda.

Unha gran ruta, que comezou onte, con humildade e vehemencia na Mardigras. Xangai Km 0. Bohemia coruñenta, principio de moitas estacións cara o leste. Grazas Nacho por tanta vida, tanta música, por tanta paixón.

Como ilustración ferroviaria velaí unha repichoca. Hai uns meses, nun acto en Portas Ártabras, Antonio un dos asistentes, entregoume discreto pequeno un tesouro. Unha nota cunha cantiga que lle aprendera a súa nai. Leo:

Durante a visita do rei Afonso XIII, o 24/09/27 para inaugurar as obras do ferrocarril A Coruña-Zamora. O alcade Don Manuel Casás, deulle o brazo á raíña.O alcalde desprazou coa súa actitude ao gobernador civil -imposto por Primo de Rivera- que pretendía rachar co protocolo e “figurar”.

E tal detalle, axiña recibiu a aprobación popular en forma de cantarea:

“Ai Manuel, Manuel,

Ti fixeches ben.

O que queira ganchete,

que se enganche do tren!”

Coruña/ Barcelona. Este 2017 principia a grande aventura do Xangai, que todas e todos teñan unha boa ruta.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00